Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido un operario ao caer do tellado dunha nave no porto de Ribeira

Ferido un operario ao caer do tellado dunha nave no porto de Ribeira

O operario estaba a realizar tarefas no tellado dunha nave cando as uralitas romperon e provocaron a súa caída ao chan

Consorcio contra incendio e salvamentod da Coruña Consorcio contra incendio e salvamentod da Coruña
G24.gal 08/04/2025 19:54

Un operario quedou ferido ao caer do tellado dunha nave no Porto de Ribeira (A Coruña) sobre as 16:30 horas.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foi un particular o que avisou de que un traballador caera dunha altura entre os 8 e os 10 metros. O operario estaba a realizar tarefas no tellado dunha nave cando as uralitas romperon e provocaron a súa caída ao chan.

Ante iso, informouse do suceso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, quen decidiu mobilizar o helicóptero medicalizado ata o lugar para o posterior traslado do ferido ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

Ademais, desde o 112 Galicia tamén se informou do suceso aos Bombeiros de Ribeira, ao GAEM de Ribeira, aos axentes da Policía Nacional e Local e aos efectivos de Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade