Publicador de contidos

Publicador de contidos

Soletes 'pet friendly', a nova distinción da Guía Repsol

Soletes 'pet friendly', a nova distinción da Guía Repsol

Vinte establecementos galegos que permiten a entrada de mascotas obtiveron o distintivo da Guía Repsol

En toda España foron distinguidos 270 establecementos nesta categoría

Tamén as mascostas degustan a gastronomía dos locais
G24.gal 14/04/2025 15:24 Última actualización 14/04/2025 17:14

Dos 270 novos Soletes repartidos por toda España, 20 quedaron en Galicia. Desta volta non só se premia o bo facer gastronómico, en todos eles existe un denominador común, son locais amigos das mascotas.

"Nós temos dous canciños neste caso e sabemos da dificultade que podes atopar a día de hoxe á hora de poder desfrutar da hostalaría a verdade en calquera parte, das limitacións que poden existir. A verdade foi algo que tiñamos moi claro dende o primeiro momento" explica Axel Puchau, xerente do grupo Adèlia.

As mascotas son un máis da familia, por iso os seus propietarios agradecen poder compartir con elas momentos de ocio.

"O que se agradece, claro que se agradece, home".

"É un alivio moi grande poder entrar, tomar un café, estar co amiguiño da alma".

"Hai sitios que non che deixan ou apártante para a terraza, e aquí a verdade que sempre estamos moi a gusto", comentan varios clientes.

Nestes establecementos prémiase a boa gastronomía, e as mascotas tamén levan o seu premio.

"Todo o can que entra, o cunco é o primeiro que chega, antes dos cafés, vaia", continúa Axel.

"Algúns canciños páranse na porta da cociña como agardando en plan, hei e o meu premio e tal e é superchulo, encántanos ver como reaccionan, interactuar cos animais tamén", apunta Ramón Feáns, propietario da Casa Ramos.

Os cans son maioría, pero admiten calquera animal.

"Mentres tanto o dono como a mascota sexan respectuosos, respecten a contorna e non interfiran nin molesten outra xente que está tomando algo, como se queres traer un tiburón", conclúe o propietario da Casa Ramos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar