Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha cafetería con parque de bólas para cans

Unha cafetería con parque de bólas para cans

 A iniciativa pioneira en España e que está a ter unha grande acollida entre os clientes

O establecemento de Pontevedra completa a súa oferta cun servizo de peiteado e unha tenda de alimentación

O parque de bólas para cans en Pontevedra
G24.gal 03/03/2025 19:59 Última actualización 03/03/2025 20:47

Leva un mes aberta e esta cafetería situada en Pontevedra xa é o lugar favorito de moitas das mascotas da cidade. Os cans que a proban unha vez, queren repetir. 

Un grande invento para os donos destes cans, que poden tomar o café na compañía das súas mascotas. 

Ademais do parque de bólas e da cafetería, o local completa a súa oferta con outros servizos para os animais. Na planta baixa a tenda de alimentación ofrece todo tipo de produtos para os cans. 

Conscientes de que as mascotas teñen cada vez un papel máis importante nos fogares, os propietarios do establecemento xa pensan en ampliar o servizo coa opción de gardería. A iniciativa é pioneira en España xa que está a ter unha grande acollida entre os clientes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade