Un novo ataque de cans ceibos deixa varias ovellas ovellas en Aldeíñas, no concello ourensán de Maside
Un novo ataque de cans ceibos deixa varias ovellas ovellas en Aldeíñas, no concello ourensán de Maside
Un novo ataque da manda de cans ceibos que transitan polos concellos ourensáns do Carballiño e Maside volveu deixar varios animais mortos
A un veciño matáronlle unha ovella e un año nunha leira en Aldeíñas, no lugar de Dacón, en Maside

Un novo ataque da manda de cans ceibos que transitan polos concellos ourensáns do Carballiño e Maside volveu deixar varios animais mortos. A un veciño matáronlle unha ovella e un año nunha leira en Aldeíñas, no lugar de Dacón, en Maside.
As forzas de seguridade están a realizar labores de seguimento da manda e xa instalaron unha gaiola trampa. Os autores da morte das ovellas son cans salvaxes que están afeitos a cazar para sobrevivir e saben onde facelo.
A pesar de que os viron preto de onde se instalou a gaiola, non chegaron a entrar nela porque o máis seguro é que xa viñan de cazar e non tiñan fame.