Cargando resultados...
Morre un bebé de 11 meses en Barcelona tras ser mordido polo can da familia
Os Mossos d´Esquadra entenden que o falecemento do bebé foi accidental, ao producirse o suceso no ámbito doméstico e ser o animal da familia

G24.gal
21/02/2025 08:32
Un bebé de 11 meses morreu este xoves en Fonollosa (Barcelona) tras ser mordido polo can da familia e non poderse recuperar das feridas.
Os feitos sucederon arredor das seis da arde deste xoves no domicilio familiar, cando o can mordeu ao neno e lle provocou feridas de morte.
Os Mossos d´Esquadra entenden que o falecemento do bebé foi accidental, ao producirse o suceso no ámbito doméstico e ser o animal da familia.
Aínda así, abriuse unha investigación para coñecer as circunstancias exactas do ocorrido e dar traslado á autoridade xudicial.