Dous cans soltos causan temor nun barrio de Ribeira
Dous cans soltos causan temor nun barrio de Ribeira
Nunha semana mataron dous gatos da colonia da rúa Álvaro Cunqueiro
Os cans visitan o barrio polas noites, os veciños non saben de quen son
Ata hai unha semana, a porta da casa de Toña era un lugar seguro onde comían, bebían e se refuxiaban gatos coma Mesti. Pero as cousas cambiaron desde que dous cans soltos visitan a rúa Álvaro Cunqueiro polas noites.
"O luns da pasada semana, ás catro da madrugada sentín moito ruído e vin os dous cans. Son pastores grandes de cor canela que saían desta canella. Cando miro ben abaixo, vexo unha das gatas da colonia que xestiono morta e zapateada".
A gata Lili e a súa filla Rubi son as dúas primeiras vítimas. Pero aquí temen que non sexan as últimas. Queren atopar os donos dos cans canto antes, porque calquera día pode haber un desgusto maior.
"A preocupación é máxima. Non nos sentimos seguros saíndo pola noite. Levamos un pau de carballo por se atacan"
Toña xa avisou a policía, que polo momento non interviu no caso. Asegura que nin ela nin os gatiños que coida van durmir tranquilos ata que alguén se responsabilice duns cans que, segundo sospeita, proveñen das rúas Habana ou Fondevila.