Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous homes armados con coitelos protagonizan un altercado en Lugo

Dous homes armados con coitelos protagonizan un altercado en Lugo

Os veciños gravaron os feitos dende a fiestra

G24.gal 22/01/2025 14:10

En plena vía pública, na céntrica Rolda da Muralla, dous homes visiblemente alterados protagonizan un altercado no que mesmo saen a relucir dous coitelos. Gravounos de madrugada un veciño desde a súa casa. O home de gris trata de calmar o seu compañeiro, que ao parecer manifestaba querer ir por outro. A situación xa non sorprende aos veciños, que se queixan de que as pelexas en diversos puntos da cidade son unha constante.

"Unha vergoña que pase isto en Lugo, eu escapei dunha cidade grande coma Barcelona e agora aquí tamén andamos con isto".

"O panorama está mal, eu vivo na Milagrosa e agora iso é un desastre".

O ruído da liorta espertou os veciños, que ademais de deixar testemuño da situación alertaron a policía. Pero os protagonistas do vídeo marcharon do lugar e non se rexistraron detencións, e un dos coitelos que portaban mesmo quedou tirado na zona axardinada do monumento romano. Os veciños quéixanse da falta de seguridade e piden máis vixilancia.

"Estamos con medo porque non hai seguridade ningunha".

Dende a asociación Lugo Monumental levan anos reclamando cámaras de vixilancia das que poder botar man en caso de incidentes.

"Instálanse cámaras de seguridade moi caras para multar aos condutores pero non para vixiar o patrimonio nin a seguridade das persoas", sinala Luis Latorre, presidente da Asociación Lugo Monumental.

Din que unhas cámaras de vixilancia de circuíto pechado axudarían ademais a disuadir este tipo de altercados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar