Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home queda ferido grave nunha liorta en Boiro

Un home queda ferido grave nunha liorta en Boiro

Aconteceu na madrugada do sábado ao domingo nun local de ocio nocturno do centro da vila

G24.gal 18/12/2024 15:10

A Garda Civil investiga a liorta desta pasada fin de semana nun local de ocio nocturno de Boiro, en que dous homes quedaron feridos. O máis grave sufriu un traumatismo cranioencefálico que obrigou a ingresalo no Hospital Clínico de Santiago.

Descoñécense as causas de por que os dous homes, de mediana idade, na madrugada do sábado ao domingo, iniciaron unha lea ás portas deste local de ocio nocturno situado nunha céntrica rúa de Boiro.

Unha testemuña que presenciou os feitos conta que xa os vira discutindo no interior da discoteca e que, ao saír, a cousa foi a máis. Enleáronse e un lle trabou ao outro na man amputándolle dous dedos. Pouco despois este arremeteu contra o outro e deulle unha malleira que o deixou inconsciente no chan, ata que chegou a ambulancia.

Fontes da Garda Civil informan de que foi trasladado en estado grave ao hospital Clínico de Santiago de Compostela cun traumatismo cranial, onde permanece ingresado.

O outro, que sufriu a amputación de dous dedos, foi atendido no hospital do Barbanza. Investigan agora que foi o que aconteceu e agárdase polas posibles denuncias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade