O Breogán reforza o xogo interior co pivote John Egbunu
O Breogán reforza o xogo interior co pivote John Egbunu
O novo pivote celeste destaca polo seu físico, a súa capacidade de intimidación e rebote
O xogador nixeriano de 2,11 m. e 30 anos reforzará o xogo interior
O novo xogador do Río Breogán formouse en Florida (NCAA), antes de formar parte do equipo de liga de desenvolvemento NBA, Long Islad Nets, na campaña 2019/20 mediando 10,3 puntos, 7,4 rebotes e 1,3 tapóns.
O seu seguinte destino foi Corea e, tras un período curto, desembarcou en Italia, onde mediou na 2021/22, 8,4 puntos, 7,6 rebotes e 1,5 tapóns. Na súa segunda campaña asinou 11 puntos e 9,4 rebotes (5° en rebotes na Lega), antes de fichar por Hapoel Jerusalen, onde se proclamou campión da liga regular mediando 7,5 puntos e 4,7 rebotes.
A súa seguinte parada profesional foi no Gaziantep Basketbol turco, alcanzando unhas medias de 11,5 puntos, 7,6 rebotes e 1,3 tapóns, sendo o terceiro taponador da liga.
Tras a súa experiencia en Turquía ficha no ASVEL Villerbanne francés (Liga Francesa e Euroliga), onde comparte xogo interior con Youssoupha Fall, xogando 15 partidos en Euroliga con Asvel e con medias de 2,9 puntos e 2,5 rebotes en 12 minutos, antes de desembarcar en China. Na tempada 23/24, cos Ningbo Rockets firma 15,3 puntos e 11,7 rebotes.
O xogador chega ao Río Breogán procedente do Xangai Sharks, equipo no que disputou 5 encontros.
O novo pivote celeste destaca polo seu físico, cunha grande envergadura, a súa capacidade de intimidación e rebote, tanto en ataque como en defensa, o seu xogo por encima do aro e a súa capacidade para finalizar.