Publicador de contidos
Publicador de contidos

Charlie Moore deberá operarse por lesión grave de xeonllo

Charlie Moore deberá operarse por lesión grave de xeonllo

A lesión implicará "un prolongado período de recuperación", segundo os médicos do club

G24.gal 17/12/2024 09:52 Última actualización 17/12/2024 09:54

O base estadounidense Charlie Moore, xogador del Río Breogán, deberá pasar polo quirófano despois de que a resonancia magnética que lle realizaron revelase "a afectación severa do complexo ligamento capsular medial e lesións parciais noutras estruturas do xeonllo".

Unha lesión que, segundo apuntan os servizos médicos do club galego, implicará "un prolongado período de recuperación", polo que o técnico Luis Casimiro perde a un dos seus referentes ofensivos.

Nos dez partidos que disputou ata o de agora na liga Endesa co Breogán, Charlie Moore logrou 14,3 puntos, 4,5 asistencias e 1,7 rebotes por encontro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar