Moncho Fernández, técnico do Girona: "Quero involucrarme con esta terra e con este club"
Moncho Fernández, técnico do Girona: "Quero involucrarme con esta terra e con este club"
Dáse a casualidade de que o vindeiro rival do Xirona tamén será un equipo galego, pois visitará a pista do Breogán
O santiagués Moncho Fernández é o elixido polo Xirona para substituír a Fotis Katsikaris, a escolla de Marc Gasol para endereitar o rumbo do pechacancelas da ACB. O técnico grego foi destituído despois da derrota contra o Leyma. Dáse a casualidade de que o vindeiro rival do Xirona tamén será un equipo galego, pois visitará a pista do Breogán.
As primeiras palabras de Moncho Fernández como adestrador do Bàsquet Girona foron en catalán.
"Prometo que o meu catalán mellorará co tempo. A miña intención é involucrarme o máximo posible nesta terra, neste club, nesta cidade"
Fernández estivo catorce temporadas á fronte do Obradoiro, trece delas en ACB. Máis de catrocentos partidos de experiencia e sempre sacando grandes resultados cun equipo modesto, que acabou descendendo de categoría na última xornada da pasada campaña.
✅ Benvingut Moncho!
— Bàsquet Girona (@BasquetGirona) December 16, 2024
Benvido adestrador 👋 pic.twitter.com/TOw3QLCZbo