Cargando resultados...
Moncho Fernández apunta ao banco do Xirona
Moncho Fernández apunta ao banco do Xirona
O equipo catalán despediu a Katsikaris despois da derrota contra o Leyma e xogará a vindeira semana co Breogán
G24.gal
15/12/2024 23:13
O santiagués Moncho Fernández é o elixido polo Xirona para substituír a Fotis Katsikaris. O técnico grego foi destituído despois da derrota contra o Leyma e a escolla de Marc Gasol para endereitar o rumbo do pechacancelas da ACB. Dáse a casualidade que o vindeiro rival do Xirona tamén será un equipo galego pois visitará a pista do Breogán.
Fernández estivo catorce temporadas á fronte do Obradoiro, trece delas en ACB. Máis de catrocentos partidos de experiencia e sempre sacando grandes resultados cun equipo modesto que acabou descendendo de categoría na última xornada da pasada campaña.