Publicador de contidos
Publicador de contidos

Moncho Fernández: "A ver se facemos o equipo máis potente posible"

Moncho Fernández: "A ver se facemos o equipo máis potente posible"

O técnico non ocultou este venres a súa "enorme alegría" por ampliar o seu contrato co Monbus Obradoiro

G24.gal 23/06/2023 13:51 Última actualización 23/06/2023 14:00

O técnico Moncho Fernández non ocultou este venres a súa "enorme alegría" por ampliar o seu contrato co Monbus Obradoiro ata o 30 de xuño de 2025.

“Xúntanse dous sentimentos. O primeiro é de moita alegría, de poder seguir na que considero a miña casa e o club dos meus amores, sen ningún tipo de dúbida. E o seguinte que sinto é responsabilidade", declarou o adestrador santiagués.

Sobre o novo director deportivo do equipo, Eduardo Pascual, non ten dúbidas:

"Estamos no mesmo camiño, senón non estaría nesta entrevista. Ten a mesma ilusión".

Referiuse tamén á confección do plante para a temporada 2023-24:

"Para nós a continuidade sempre foi un factor. Veremos se podemos manter unha base sobre a que facer un equipo".

"A ver se temos unha base sobre a que mellorar e facer o equipo máis potente posible".

Moncho Fernández é o adestrador máis lonxevo da liga Endesa ao levar doce tempadas dirixindo ao mesmo equipo, sendo un total de trece á fronte do conxunto compostelán desde que asumiu os mandos cando estaba en LEB Oro:

"Iniciamos un novo proxecto que teremos que levar a bo fin, por iso teremos que traballar moi duro confeccionando o persoal e facéndoa competitiva. Estou a desexar ver a toda a afección na Caldeira unha nova tempada máis”, afirmou.

O preparador galego acumula á fronte do Obradoiro un balance global de 189 vitorias e 253 derrotas. En 2013 disputou o único playoff polo título ACB na historia da entidade, ademais de participar como anfitrión na Copa do Rei da Coruña en 2016 e da Supercopa Endesa en Santiago de Compostela en 2018.

Ademais, esta tempada o Obradoiro conseguiu a segunda mellor clasificación da historia do club na máxima categoría, a cal lle podería dar un billete para a próxima edición da Champions League Basketball.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos