Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Leyma Coruña comeza a pretempada ante Porto e Bilbao

O Leyma Coruña comeza a pretempada ante Porto e Bilbao

O equipo coruñés anunciou os seus dous primeiros amigables de cara ao inicio da ACB

O primeiro será o 27 en Caminha, Portugal, e o segundo o 31 en Laredo, Cantabria

Primeiro amigable do Leyma Coruña Primeiro amigable do Leyma Coruña
G24.gal 20/08/2024 18:25

A preparación do Leyma Coruña comeza por todo o alto. O conxunto herculino da o tiro de saída da pretempada na que o equipo cargará as pilas para debutar na ACB ante o Porto. Isto será o día 27 en Caminha, Portugal, e o 31, xogará contra o Bilbao Basket en Laredo, Cantabria.

O primeiro partido do proxecto ACB do Leyma Coruña, que se está reforzando no mercado logo de confirmar todas as renovacións, é o día 27 deste mes, ante o Porto. Será en terreo rival, en Caminha, localidade portuguesa pegada á fronteira con Galicia.

No segundo, o do día 31, o contrincante será o Surne Bilbao Basket, equipo consolidado na ACB. O partido será en localización neutral, pero máis preto de Bilbao que da Coruña, en Laredo, Cantabria. Esta segunda proba servirá de baremo para ver como está o equipo ante un rival ao que se enfrontarán na liga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos