Brandon Taylor: "Podo achegar personalidade, liderado e ética de traballo"
Brandon Taylor: "Podo achegar personalidade, liderado e ética de traballo"
A pasada temporada xogou na ACB co Manresa
A fábrica de Leyma, un dos patrocinadores principais do equipo, foi o escenario para a presentación do base estadounidense Brandon Taylor. O ex-xogador de Manresa móstrase "extremadamente feliz" por continuar en España e por recalar na "gran familia" do Leyma Básquet Coruña.
Despois de lanzar un tímido "ola, bos días" en español, Brandon preséntase en inglés antes da quenda de preguntas, signo do seu carácter aberto e extravertido.
"Estou moi, moi feliz de estar aquí na Coruña. Escoitei cousas asombrosas acerca da cidade e, especialmente, dos fans. Estou emocionado de estar aquí, polo club, pola tempada e polos obxectivos que temos como equipo. Non podo esperar para empezar a competir. A miña primeira impresión do que vexo aquí é como unha gran familia, desde o 'manager' ata o 'coach', os xogadores e o 'staff'. Todos queren axudar".
No seu noveno ano como profesional, todos lonxe de Estados Unidos despois de catro tempadas na Universidade de Utah, o base de 30 anos chega a Coruña cos pés no chan:
"Isto é baloncesto e non podes garantir que alcanzarás todos os obxectivos, pero creo que o primeiro é a química e a conexión que hai entre os xogadores e os técnicos. É moi importante e unha moi bo sinal para conseguir os nosos obxectivos".
"Podo achegar personalidade, liderado e ética de traballo".