Derruban un edificio polémico no barrio do Martinete na Coruña
Derruban un edificio polémico no barrio do Martinete na Coruña
Os veciños levaban anos denunciando o seu abandono e o seu uso por parte de toxicómanos
Ledicia no barrio do Martinete, da Coruña, pola derruba dun polémico edificio que levaba máis de 15 anos abandonado e a medio construír. Nel refuxiáronse toxicómanos e ocupas durante anos; agora os veciños pensan nas posibilidades que pode supoñer o novo espazo que deixa baleiro.
O coñecido como Esqueleto do Martinete, un edificio que non se chegou a rematar pola crise inmobiliaria de 2007, comezou a ser derrubado para alegría dos veciños do barrio. Durante anos a súa presenza complicou moito a vida dos veciños polos problemas de inseguridade que xerou ligados á delincuencia ou á droga.
O traballo das máquinas é acollida con moitísima ledicia polos veciños, que loitaron durante anos para librarse del.
Agora moitos debaten sobre que facer nese novo soar que, polo menos, aínda que quede baleiro, dá moito aire e moita luz aos veciños do Martinete.