Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños das Gándaras, en Lugo, decoran o barrio onde non chega a iluminación de Nadal

Veciños das Gándaras, en Lugo, decoran o barrio onde non chega a iluminación de Nadal

Cansos de pasar estas datas ás escuras, decidiron tomar cartas no asunto, e agora o seu é un dos barrios máis vistosos da cidade

Todos os elementos decorativos están feitos por eles mesmos e con materiais reciclados

G24.gal 20/12/2024 14:07

O barrio das Gándaras é estes días un dos máis visitados da cidade de Lugo. O motivo non é outro que a decoración que locen as súas rúas. O máis rechamante este ano son os bonecos de crebanoces ás portas das casas. 

"Si empezamos tres o ano pasado, a do ano pasado era con táboas pequenas e madeira, este ano queríamos materiais máis resistentes a climatoloxía, e ocorréusenos facer os crebanoces feitos con caldeiros e tubaxes", explica Andrea Rego, unha das veciñas promotoras da decoración

Todo está feito con material reciclado, como as persianas que dan forma a estas estrelas. Levan dous meses traballando para que sexa o barrio máis de Nadal.

"Gústannos os traballos manuais e o Nadal é bonito para facer estas cousas", di Mónica Teijeira, outras das veciñas promotoras da decoración.

Estaban cansos de pasar estas datas ás escuras, porque aquí non chega a iluminación de Nadal. "Nin decoración nin iluminación, parece que isto non é Lugo", engade Andrea.

Empezaron tres veciños, pero agora xa son unha ducia. "Eu fixen os medallóns e os botóns", di unha veciña, outra asegura que "traballaron moito".

E afirman que traballar xuntos uniu máis á veciñanza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade