David Guetta actuará en Santiago o 6 de xullo no Gozo Festival
David Guetta actuará en Santiago o 6 de xullo no Gozo Festival
As entradas sairán á venda por 40 euros máis gastos de distribución o vindeiro luns 23 de decembro ás 10:00 horas
O produtor David Guetta actuará o próximo 6 de xullo en Santiago de Compostela dentro da programación de O Gozo Festival curated by BFF Festival.
O francés estará no Monte do Gozo como parte do ciclo de actuacións baixo o selo O Gozo Festival, promovido pola Xunta e que conta con seis confirmacións para o próximo ano, entre as que están as de Franz Ferdinand o 15 de febreiro na Coruña, Anastacia o 16 de marzo no Auditorio Mar de Vigo, Lenny Kravitz o 10 de abril no Coliseum da cidade herculina, mesmo recinto que recibirá o 9 de xullo a Alanis Morisette e o 31 de xullo a Lionel Ritchie.
As entradas para a actuación de David Guetta na capital galega sairán á venda por 40 euros máis gastos de distribución o vindeiro luns 23 de decembro ás 10:00 horas nos portais de Livenation, Ticketmaster e no Corte Inglés, podendo reservalas tres días antes de forma exclusiva na plataforma Livenation.