Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estopa, Bad Gyal ou Bryan Adams, entre as primeiras confirmacións do Son do Camiño 2025

Estopa, Bad Gyal ou Bryan Adams, entre as primeiras confirmacións do Son do Camiño 2025

O festival celebrarase no Monte do Gozo os días 12, 13 e 14 de xuño de 2025

A segunda remesa de entradas sairá á venda este xoves, a partir de 135 euros

Primeiras confirmacións do Son do Camiño 2025/O Son do Camiño Primeiras confirmacións do Son do Camiño 2025/O Son do Camiño
G24.gal 17/12/2024 13:09

O Son do Camiño avanzou este martes as primeiras edicións para a súa edición de 2025, que se celebrará os días 12, 13 e 14 de xuño de 2025 no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela.

Os primeiros artistas confirmados son Kings of Leon, Bryan Adams, Estopa e Duki como cabezas de cartel. Estarán acompañados por outros grandes do panorama musical actual como Bad Gyal, Mikel Izal, Steve Aoki, The Rapants, Amaral, Kase.O, Juan Magán, Carolina Durante ou La La Love You.

O festival xa esgotou a súa primeira remesa de abonos, un total de 25.000 entradas, o pasado mes de novembro. Este xoves sairán entradas de novo á venda, aínda que en vez do custo inicial de 87 euros, os abonos venderanse a partir de 135 euros. A organización afirma que proximamente anunciarán novas confirmacións deste festival consolidado como o "evento musical máis grande do norte da península".

O Son do Camiño está promovido polas empresas galegas Bring The Noise e Esmerarte Industrias Creativas, ademais de contar co apoio da Xunta de Galicia desde a súa primeira edición. Estrella Galicia volverá ser o principal patrocinador privado do festival. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade