Publicador de contidos

Publicador de contidos

The Prodigy, Amaia e Paul Thin súmanse ao cartel de O Son do Camiño

The Prodigy, Amaia e Paul Thin súmanse ao cartel de O Son do Camiño

As entradas diarias sairán á venda o vindeiro martes 1 de abril, a partir das 12:00 horas, desde os 59 euros

 

A cantante Amaia actúa na segunda xornada do festival Primavera Sound 2022/Foto de arquivo/Europa Press A cantante Amaia actúa na segunda xornada do festival Primavera Sound 2022/Foto de arquivo/Europa Press
G24.gal 27/03/2025 16:51

A banda británica The Prodigy, pioneira do 'big beat', a cantante de pop Amaia e a nova promesa, tamén saída de Operación Triunfo, Paul Thin, únense ao cartel de O Son do Camiño, que se celebrará no Monte do Gozo de Santiago os días 12, 13 e 14 de xuño.

A organización do festival desvelou novas incorporacións a un cartel no que xa figuran artistas como Kings of Leon, Bryam Adams, Estopa, Bad Gyal, Amaral, Franz Ferdinand, Steve Aoki, Mikel Izal, Kase, Carolina Durante e Duki, entre outros.

Con máis de 30 anos de carreira The Prodigy aterra nesta edición do festival galego para interpretar grandes éxitos como 'Breathe', 'Firestarter' ou 'Out of space', cos que renovaron a música electrónica nos anos 90, con influencias do punk e do rock.

Esta será a segunda vez que actúen en Galicia, debido a que xa se subiron ao escenario do parque de Castrelos en Vigo en 2005.

Outra das novas incorporacións a esta edición é Amaia, que acaba de publicar o disco 'Si abro los ojos no es real', consolidándose como unha das novas musas do pop español tras gañar Operación Triunfo 2017.

Do mesmo concurso televisivo tamén vén Paul Thin, que se une a O Son do Camiño e que tamén sacou este ano disco, titulado 'Reboot'.

Ademais, desde a organización anunciaron as incorporacións dos picadiscos Héctor Llamazares e Karras Martínez, que actuarán no escenario Son Electro by Repsol, dedicado á música electrónica.

O Son do Camiño revelou xa o seu cartel por días, de maneira que a partir do próximo martes, 1 de abril, poderanse adquirir as entradas para cada unha das xornadas por separado, a partir de 59 euros.

O xoves 12 de xuño actuarán Duki, Bryan Adams, Franz Ferdinand, Mikel Izal, Nil Moliner, Dollar Selmouni, Paul Thin e Galician Army; mentres que no escenario electro estarán Barbara Lago, Bengal, Dexphase, Indira Paganotto, Teresa Ferreiro e Vendex.

O venres 13 de xuño subiranse ao escenario do Son do Camiño Kings of Leon, Bad Gyal, Kase, Amaia, Carolina Durante, Juan Magán, Siloé e Merino; e no escenario electrónico farán o seu Adiel, Âme, Andrés Campo, Hector Llamazares, Karras Martínez e Mano le Tough.

Por último, o sábado día 14 actuarán The Prodigy, Estopa, Amaral, Steve Aoki, Dani Fernández, A A Love You, Lia Kali, Marlena, The Rapants e Taïn; e serán Dennis Cruz, Honey Dijon, Jayda G, Tsha, Viviana Casanova e Yahaira os que se suban ao escenario electro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade