Publicador de contidos

Publicador de contidos

Milleiros de persoas participan en Vigo na recreación da Reconquista de 1809

Milleiros de persoas participan en Vigo na recreación da Reconquista de 1809

Sobre as cinco da tarde saía a Milicia desde a praza do Berbés e comezaba a recreación da Reconquista na Porta do Sol

Despois chegaba un dos momentos clave cando os heroes Cachamuíña e Carolo, liderando un exército miliciano, lograban traspasar a porta de Gamboa e poñer fin á ocupación francesa

G24.gal 30/03/2025 21:22

O bo tempo acompañou a Festa da Reconquista, declarada de Interese Turístico Nacional. Máis de 800 persoas vestidas de época participaron en Vigo na representación dos feitos históricos do 28 de marzo de 1809.

Seguindo o guión marcado pola historia, as tropas francesas foron derrotadas polo pobo e polas milicias, e expulsadas da cidade.
A recreación volvérona seguir un ano máis milleiros de persoas. 

"Nós comezamos a preparar a peza todos os anos en xaneiro. Traballan moitísimo con técnicas reais actorais, moito esforzo e moita implicación", destaca María Torres, directora escénica.

Sobre as cinco da tarde saía a Milicia desde a praza do Berbés. A partir das seis comezaba a recreación da reconquista de Vigo na Porta do Sol.
Así vivían a resistencia dos vigueses e viguesas fronte ao invasor. Moitos sumábanse á celebración con traxes de época.

"Nós gañamos sempre, botámolos fóra todos os anos, para que os queremos aquí? Para iso viñeron os portugueses a axudarnos tamén". "Eu son unha das que comezou a festa da Reconquista, comezamos trinta veciños e mira ao que chegou", din varias participantes.

Despois chegaba un dos momentos clave, cando os heroes Cachamuíña e Carolo, liderando un exército miliciano de campesiños e mariñeiros, lograba traspasar a porta de Gamboa e poñer fin á ocupación.

Con esta representación histórica de fondo, a zona vella encheuse de festa, de música e de gastronomía por cada recuncho.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade