Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vigo celebra coa festa da Reconquista o aniversario da derrota ao Exército francés

Vigo celebra coa festa da Reconquista o aniversario da derrota ao Exército francés

Esta festa prolongarase durante toda a fin de semana

G24.gal 28/03/2025 15:52 Última actualización 28/03/2025 16:05

Vigo celebra este venres a festa da Reconquista, porque un día coma hoxe, un 28 de marzo, pero do 1809, os veciños de Vigo lograron un dos seus maiores fitos históricos, expulsar o exército francés. A cidade converteuse na primeira de Europa en conseguilo. Este fito rememórase cada ano coa festa da Reconquista.

Nunca os vigueses sentiron tanta fachenda como cando lograron expulsar o exército francés da cidade. Daquela saíron todos á rúa a loitar co que tiñan á man

"Legóns e unha fouciña e un angazo"; "Son moi bravos, entón levan a fama diso, coas fouciñas e coas ferramentas de apañar as patacas botáronos fóra". "Faltaba o exército de aquí de Galicia, porque estaban nunha batalla en Castela, pero resulta que o pobo se uniu e, coas armas que puideron, mesmo armas agrícolas, conseguimos expulsalos de Galicia, ou sexa, que é todo un fito histórico para aquí".

Un fito histórico que se rememora cada ano nesta festa declarada de Interese Turístico Nacional. Dous séculos despois os vigueses volven tomar as rúas da zona vella, pero desta volta para celebrar. E no medio tamén atopamos algún inimigo.

A festa prolongarase durante toda a fin de semana. Toda a zona vella da cidade mudou a súa aparencia para acoller representacións teatrais e un mercado tradicional. As rúas enchéronse de postos de artesanía e comida.

Por cada praza, por cada rúa resoan as notas dun repertorio do máis popular. O divertimento está asegurado nestas festas da Reconquista de Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos