Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Son do Camiño venderá os seus primeiros abonos o martes, sen desvelar o cartel

O Son do Camiño venderá os seus primeiros abonos o martes, sen desvelar o cartel

A venda dos primeiros abonos "fieis", o 19 de novembro desde as 13:00 horas. O prezo de venda arrincará en 87 euros.

G24.gal 13/11/2024 13:25

A próxima edición do Son do Camiño, que se celebrará os días 12, 13 e 14 de xuño de 2025 no Monte do Gozo de Santiago, poñerá á venda os seus primeiros abonos o martes da semana que ven, sen haber dado a coñecer o cartel de artistas que actuará.

Desde a organización dun dos principais festivais da Comunidade, anunciaron a venda dos primeiros abonos "fieis" a partir do próximo martes, 19 de novembro, desde as 13:00 horas.
Segundo informaron, o prezo de venda dos abonos arrincará en 87 euros.

A finais do pasado mes de outubro, o festival confirmou as súas novas datas coas que esta cita musical volve celebrarse no mes de xuño despois de que o pasado ano tivese lugar no mes de maio.

Nesta ocasión aínda se descoñecen os artistas que conformarán o cartel da sexta edición, que o pasado ano contou con Green Day, Pet Shop Boys, J Balvin ou Thirty Seconds to Mars, entre outros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar