No Son do Camiño cadaquén dorme onde pode
No Son do Camiño cadaquén dorme onde pode
En hotel, cámping, autocaravana e mesmo no coche
"Está bastante difícil atopar para aparcar, a verdade, non hai sitios nin aparcamentos, está todo en dobre ringleira", comenta un rapaz.
"Vai ser unha tolemia, e máis parking houbera", apunta o vixilante dun leirapark.
Aparcar arredor do Monte de Gozo vai ser estes días misión imposible. Os accesos a vehículos non autorizados están cortados e os ocos que quedan nas beiravías fóronse enchendo durante esta mañá.
"Deixámolo aí e estou un pouco pendente a ver se non pasa nada con el, pero como hai moitos máis agora...", explica unha rapaza.
Os máis previsores reservaron praza nalgunhas das leiras privadas que os veciños acondicionaron para a ocasión por cinco euros ao día.
"Teñen reservado dende setembro, dende que saíu o cartel do son xa me reservaron", conta o propietario doutro leirapark.
Durante toda a mañá a zona foi un ir e vir de xente cargada coas cousas para pasar a noite no cámping.
"Levamos unha tenda de campaña e imos quedar a durmir no cámping os tres días", fala un rapaz.
Van gastar sobre dez euros por persoa e día. Algúns van durmir en autocaravana e mesmo no coche. Os máis afortunados conseguiron cama.
"Eu vou quedar nun Airbnb na zona sur de Santiago e polo xeral eu diría que a noite custa sobre 20, 30 euros", indica unha moza.
Pero a ela custoulle o dobre. O cliente de hotel vai combinar os concertos con visitas á cidade e descanso no propio establecemento. Alí o prezo tamén se duplicou.
"Podes reservar un cuarto con moita antelación por 200 euros ou chegar practicamente na data por 400, non?" relata Lalo Crespo, director do Hotel Oca Porta do Camiño.
Arranca a quinta edición do Son do Camiño, música e tamén oferta gastronómica, aínda que segundo a OCU deberían deixarnos entrar con algo de comer.
"Eu debería poder levar o meu propio bocadillo e non terían que obrigarme a consumir dentro, non?", explica Kepa Loizaga, delegado en Euskadi da Organización de Consumidores e Usuarios
Hoxe a cabeza de cartel é Green, Day e nótase.
"Green Day, Green Day".
"Green Day", contan dúas fans.