Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un home en Ferrol que transportaba no seu vehículo 3,5 quilos de cocaína

Detido un home en Ferrol que transportaba no seu vehículo 3,5 quilos de cocaína

O individuo era un dos "principais provedores de drogas da cidade"

Droga intervida no vehículo (Policía Nacional) Droga intervida no vehículo (Policía Nacional)
G24.gal 21/11/2024 12:29

A Policía Nacional detivo un home en Ferrol como presunto autor dun delito contra a saúde pública por transportar no seu vehículo, que contaba con dobres fondos, 3,5 quilos de cocaína.

Segundo informou o corpo policial, foi a UDYCO, en coordinación con diferentes unidades policiais, a que comezou a investigación hai uns meses, na que identificaron a un individuo que "fornecía significativas" cantidades de droga a narcopisos e asentamentos da cidade de Ferrol e transportaba a substancia estupefaciente en vehículos. Neste contexto, este martes os axentes detiveron ao individuo, un dos "principais provedores de drogas á cidade", no barrio de Canido.

Durante a inspección do vehículo detectaron que contaba con dobres fondos para transportar mercadoría ilícita e, nun deses compartimentos, localizaron 3,5 quilos de cocaína. O home foi posto á disposición xudicial, decretándose o seu ingreso en prisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade