A crecente demanda turística impulsa o emprendemento en San Xoán de Río
A crecente demanda turística impulsa o emprendemento en San Xoán de Río
Abren o primeiro aloxamento hoteleiro na capitalidade do municipio, con capacidade para 22 persoas
Á fronte do único bar que permanece aberto en San Xoán de Río está a familia de Saúl. Foi precisamente tras a barra do local onde se decataron de que a demanda turística ía en aumento. Tras máis dunha década rexentando a taberna, decidiron montar un aloxamento hoteleiro xusto en fronte. Trátase do primeiro na capitalidade deste concello ourensán de montaña, que xa conta con dúas casas rurais.
Para o alcalde do municipio, Xosé Miguel Pérez Blecua, esta apertura supón un cambio de tendencia motivado, en gran parte, pola incorporación do concello á Ribeira Sacra hai máis dun ano. Esta medida abriu novas oportunidades de emprendemento a nivel turístico e rematou cunha forte serie de peches de negocios.
O novo aloxamento conta con cinco cuartos e tres apartamentos, cunha capacidade total para 22 persoas. A idea de Saúl, que decidiu volver a San Xoán de Río para apostar por este proxecto, é abrir tamén un restaurante no mesmo edificio.