A iluminación do Nadal das aldeas da Mioteira e Loeda gaña sona cada ano
A iluminación do Nadal das aldeas da Mioteira e Loeda gaña sona cada ano
A veciñanza da Mioteira, no concello de San Cibrao das Viñas, anda afanada montando as decoracións na aldea
A inauguración da súa iluminación do Nadal será o día 30 con bica, chocolate con churros e algunha sorpresa
A casa de Pepe e Isabel en Loeda (Piñor), toda unha atracción nestas datas, suma este ano unha árbore de máis de seis metros
Non só en Vigo están xa as luces do Nadal acesas, nalgunhas aldeas de Ourense xa se poden ver as primeiras iluminacións creadas polos seus veciños e veciñas.
Non poden competir co número de luces LED da cidade olívica, pero si coa imaxinación e coa maxia das festas no rural, que cada ano atrae máis xente.
Con moita ilusión toda a veciñanza da aldea da Mioteira anda estes días afanada en decorar as casas para sorprender co seu maxín os visitantes que reciben. Igual ca o Nadal, algúns xa chegan cada vez antes.
Unha fama que cada ano vai a máis, como a vistosa iluminación de Pepe e Isabel, en Loeda, no concello de Piñor, que xa comeza a lucir.
Xa saben... ademais de Vigo hai tamén moitas aldeas cheas de luces que manteñen viva a tradición destas festas fóra das urbes.