As dúas caras do nadal vigués
As dúas caras do nadal vigués
Uns están felices e outros séntense secuestrados nas súas propias casas
Seis millóns de visitantes, once millóns e medio de leds, catrocentas vinte rúas iluminadas son algúns dos datos mareantes do nadal vigués que enche de luz e ilusión a cidade de Vigo.
Mentres uns gozan da montaxe, outros temen a chegada das grandes festas do ano. Séntense secuestrados nas súas propias casas, sen poder acceder aos garaxes, ou aos portais, coas paradas de bus desaparecidas e con medo ás multitudes. É o caso dos veciños da rúa Colón, Urzáiz ou Gran Vía ou os que traballan nestas zonas os festivos e fins de semana cando se corta o tráfico; a cidade convértese para eles nunha trampa. Por iso pelexan cada ano para que as atraccións do nadal vigués se repartan pola cidade.
Do outro lado: hoteis, tendas e restaurantes que ven incrementar as súas contas nestas datas. A ilusión, a luz e o prestixio que dá a celebración a cidade son os trazos positivos desta festa.
A gran novidade deste ano é a instalación do canellón Diogón dos libros de Harry Potter.