Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os usuarios do tren reclaman que se desbloquee a venda de billetes para as datas do Nadal

Os usuarios do tren reclaman que se desbloquee a venda de billetes para as datas do Nadal

Renfe mantén bloqueada a venda de billetes na súa páxina web para a segunda quincena de decembro das viaxes en tren de media e longa distancia

Destacan que, canto máis tarde, o aumento da demanda no Nadal pode provocar colapsos na plataforma e prezos máis caros

G24.gal 16/11/2024 21:00

En outubro, Renfe abriu a venda de billetes ata o 13 de decembro. Pero, de aí en diante é imposible, por agora, conseguir unha pasaxe, o que dificulta planificar os desprazamentos de cara ao Nadal.

"Moi mal porque todo o mundo ten dereito a organizar a súa vida".
"Debería haber máis posibilidades de collelos antes, porque tamén inflúe no prezo", din unhas usuarias.

Os usuarios habituais do tren, uns 80.000 en Galicia, viven con inquedanza esta situación, e reclaman que se desbloquee a venda de billetes.

"Pedimos que se desbloqueen os billetes de tren de media e longa distancia para planificar as nosas vidas e o Nadal. Nun momento en que a mobilidade dos galegos é moi alta, para organizar o traballo porque hai festivos entre semana e non só é gozar do Nadal senón que hai que traballar", asevera Alejandro González Tesouro, membro da plataforma de usuarios Perder o Tren.

Destacan que o ano pasado a venda comezou antes e que, canto máis preto do Nadal, o aumento da demanda pode provocar colapsos na plataforma e prezos máis caros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos