Publicador de contidos
Publicador de contidos

A decoración do Nadal adianta cada ano o período de vendas

A decoración do Nadal adianta cada ano o período de vendas

Familias con cativos e negocios con público son os mellores clientes

A ponte da Constitución é o momento en que máis se decora

G24.gal 13/11/2024 19:57 Última actualización 13/11/2024 20:20

A tradición di que é na ponte da Constitución cando as familias decoran os seus fogares. Pero iso está a cambiar e cada vez son máis as vivendas e negocios que xa están decorados antes do remate de novembro. Os comercios ourensáns din que xusto despois do Samaín aparece a febre decorativa.

"Nos últimos anos abrimos o 12 de outubro e xa hai vendas. Malia que a maioría dos produtos saen a finais de novembro e comezos de decembro", explica Oliva Prado, de Olería Alto do Couso.

A decoración de Nadal é unha mestura de tradición e innovación. Papá Noel, a neve ou as bólas de cores nunca poden faltar, pero os deseñadores inclúen elementos innovadores en cada campaña. A creatividade nunca deixa de sorprender e máis tendo en conta que os elementos decorativos se fabrican un ano antes de ser utilizados.

"Mercamos en xaneiro o que se vai vender para o Nadal. E organizamos os expositores en función das novidades que haxa", sinala Prado, que leva anos vendendo decoracións.

As familias con fillos cativos e os negocios que reciben público nas súas instalacións son os principais compradores da decoración de Nadal e os que menos dubidan á hora de cambiala cada ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos