Ribadavia compite nun concurso de Nadal para ter unha iluminación dourada
Ribadavia compite nun concurso de Nadal para ter unha iluminación dourada
Deberá loitar contra a beleza e os votos das localidades de Ágreda, en Soria e Biar, en Alacante
A votación pode facerse de balde na páxina web dunha coñecida marca de bombóns
Poderase votar ata o 28 deste mes de novembro
Ribadavia pasa á semifinal nun concurso dunha coñecida marca de bombóns para competir por ter unha espectacular decoración de Nadal. Xa é semifinalista e foi unha das tres vilas máis votadas. Agora ten que loitar contra as localidades de Ágreda, en Soria, e Biar, en Alacante. Decidirao a votación popular na páxina web da marca.
Ribadavia xa ten un toque dourado na ponte de San Francisco. Pero cada vez está máis cerca de ganar o famoso concurso de Nadal que lle permititía ter unha iluminación de ouro e tinguir todas as súas rúas de dourado.
Moita historia nas súas rúas, a auga do río Avia e as augas termais do Prexigueiro, xunto os recoñecidos viños do Ribeiro son algúns dos seus atractivos.
O concurso de Nadal está organizado por unha famosa marca de bombóns e ata o día 28 deste mes poden votar na súa páxina web para que Ribadavia sexa este ano a vila dourada.