Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza a compra adiantada de peixes e mariscos para as festas do Nadal

Comeza a compra adiantada de peixes e mariscos para as festas do Nadal

Os prezos poden subir nas vindeiras semanas ata un 40 %

G24.gal 16/11/2024 14:20 Última actualización 16/11/2024 15:13

As familias máis previsoras, que queren comer peixe e marisco nas festas do Nadal, comezan mercalo agora porque saben que os prezos se van disparar.

Este sábado no mercado do Grove, conviven persoas que adiantan as compras coas que están probando os primeiros exemplares de centola, a estrela absoluta neste municipio.

A femia está a 27 ou 28 euros o quilo, pero pode poñerse case no dobre nos días previos ás festas.

Aos que non lles gosta cocelas nin despezalas poden comelas nos restaurantes do concello ata a ponte da Inmaculada, na  Festa da Centola que cumpre a súa vixésimo segunda edición.

Outros mariscos e peixes

Na praza municipal a clientela adquire tamén camarón, lumbrigante, nécora ou percebe, os que máis subirán nas festas se unha treboada non acaba con eles.

Do mesmo xeito, compensa adiantar a compra de peixe fino. O linguado vai a trinta e o rodaballo a corenta, pero aínda poden subir ata un 40 % nas vindeiras semanas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos