Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pet Shop Boys triunfa coa nostalxia dos 80 no Son do Camiño

Pet Shop Boys triunfa coa nostalxia dos 80 no Son do Camiño

A mestura de estilos e xeracións do festival quedou patente na segunda xornada con La Oreja de Van Gogh ou Myke Towers, entre outros

O dúo de synthpop británico coa voz de Neil Tennant e o teclista Chris Lowe triunfaron cun repertorio dos seus himnos e dos temas novos

Peto Shop Boys durante a actuación no Monte do Gozo
G24.gal 01/06/2024 09:20

Éxito da segunda xornada do festival do Son do Camiño no Monte do Gozo con milleiros de asistentes que ateigaron o lugar e gozaron das bandas que pasaron polo escenario ávidos tanto da nostalxia dos 80, cos Pet Shop Boys, mito vivente do pop, como do pop español de La Oreja de Van Gogh, Love of Lesbian ou Myke Towers coa relación entre o reguetón e o trap.

Houbo espazo e lugar para todos, pero sen dúbida os acordes de Suburbia, un dos himnos pop que define os 80 como poucos da banda británica, focalizaron a atención dos milleiros dos asistentes congregados no Gozo.

Con máscaras futuristas e de branco, entre neons e dous farois urbanos,  seguiron 'Can You Forgive Her?', 'Opportunities' e  xa sen máscaras un dos seus primeiros hypes: 'Where the streets have no name', esta última versión do tema orixinal de U2.

O dúo británico volveu o Monte do Gozo catorce anos despois e non defraudou.  Neil Tennant y Chris Lowe combinaron os seus clásicos con temas novos do seu último disco.

'Always on my mind' ou 'Being boring' foron algúns dos himnos dos que tiraron durante algo máis de hora e media de actuación para traer a nostalxia dos 80.

Pero non esquezamos que os Pet Shop Boys veñen con novo álbum debaixo do brazo, 'Nonetheless', o seu décimo quinto traballo que foi moi valorado pola crítica e especialmente polos fans do dúo, con dez temas que recuperan os acenos de identidade dos primeiros álbums orixinarios.

'Loneliness', máis bailable e 'A new bohemia', máis melancólico, foron algúns dos temas que interpretaron na parte central do concerto para mostrar o seu novo traballo.

Coa voz e os sintetizadores como protagonistas lanzaron en 1984 'West End Girls', un tema moi influenciado polo dance e os ritmos do tándem Donna Summer/Giorgio Moroder que tanto soaba naquela época. Con este tema finalizaron, seguido de 'Being Boring'.

Nunha segunda xornada do Son do Camiño que mesturou estilos e xeracións ante un público entregado tamén tanto a Myke Towers como La Oreja de Van Gogh ou Love of Lesbian.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade