Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chega á Coruña "Madame Lumière", unha experiencia multisensorial para bebés

Chega á Coruña "Madame Lumière", unha experiencia multisensorial para bebés

O espectáculo da compañía La Menuda forma parte do ciclo Bebescena, que acolle o centro cultural Ágora

G24.gal 10/11/2024 14:43 Última actualización 10/11/2024 15:25

Música, danza, luces e unha viaxe emocionante a través do mundo dos soños. É a proposta coa que a compañía teatral La Menuda engaiolou o público de Bebescena, un certame teatral deseñado especialmente para a primeira infancia.

"Madame Lumière" é unha experiencia multisensorial e onírica. Todo está construído pensando nos ollos que miran e os oídos que escoitan, os de bebés que quizais toman contacto por vez primeira coa música en directo, unha música rigorosa, ben executada e fermosa.

É unha viaxe nocturna iluminada con luces cálidas e tenues, cunha escenografía delicada e moi coidada, pensada para un público xeneroso e sensible.

"A xente, moitos programadores teatrais din: 'Témolos que coidar porque son o público de mañá' e non, son o público de agora. A nivel escénico teñen gusto plástico. Cando ven un movemento miras as súas caras e ves que están gozando", asegura Faló García, director artístico de La Menuda.

"Foi especialmente bonito, moi coidado. Por non falar da calidade musical. Unha pasada".

"Descubrir arte e ver persoas facendo unha escenografía tan bonita con tanta delicadeza, pensando nos máis pequenos, paréceme unha oportunidade única", comentan dúas persoas do público.

A representación de "Madame Lumière" forma parte da programación do ciclo Bebescena que, na súa edición de outono, regresou ao escenario do centro cultural Ágora da Coruña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade