Carabela: "Esperamos que o premio NARF nos axude a dar máis concertos"
Carabela: "Esperamos que o premio NARF nos axude a dar máis concertos"
A banda noiesa acaba de gañar o premio NARF, que promove a Deputación da Coruña
Este ano publicaron o seu segundo EP, A noite
Chegaron tamén á final Gloria Pavía e Rafa Morales e mais Cinta Adhesiva
O grupo noiés Carabela é o gañador da XVI edición do premio NARF, dotado con 4.000 euros. Tras o concerto da gala final, o xurado outorgou o segundo premio a Gloria Pavía e Rafa Morales; a terceira posición foi para Cinta Adhesiva.
Carabela publicaron en xuño o seu segundo EP, A noite. O xurado do premio NARF valorou a solidez da súa proposta musical, "que atende o traballo vocal e tamén a melodía, cunha deriva electrónica delicada e sofisticada".
Ana Moas, a voz principal de Carabela, compartiu as impresións da banda no Diario cultural da Radio Galega.