Leire Martínez sepárase de La Oreja de Van Gogh tras 17 anos como vocalista
Leire Martínez sepárase de La Oreja de Van Gogh tras 17 anos como vocalista
A banda anunciou a desvinculación da cantante tras non conseguir achegar as "diferentes maneiras de vivir o grupo"
Leire Martínez, quen substituíra a Amaia Montero como vocalista e La Oreja de Van Gogh hai xa 17 anos, abandona esta formación musical "despois de moito tempo de reflexión e profundas conversacións" nas que non conseguiron achegar as súas "diferentes maneiras de vivir o grupo".
"Despois de 17 anos marabillosos repletos de música e emocións que xamais esqueceremos, queremos anunciar que as traxectorias profesionais de Leire e La Oreja de Van Gogh seguirán camiños separados", arrinca o comunicado publicado este luns no perfil oficial da banda en X.
— La Oreja de Van Gogh (@laorejadevgogh) October 14, 2024
Foi, segundo sinala o texto, "unha decisión dura e difícil", coa que "termina unha etapa fascinante". "Todos levarémola no corazón, permitiunos gozar da mellor profesión do mundo dunha maneira soñada", conclúe a mensaxe.
A saída de Leire Martínez de La Oreja de Van Gogh prodúcese só uns meses despois da inesperada reaparición de Amaia Montero nun dos catro concertos de Karol G, tras un longo período de recuperación persoal. Isto provocou o rumor da súa volta a banda, algo que Pablo Benegas, guitarrista e un dos compositores do grupo, desmentiu pouco antes.