Publicador de contidos
Publicador de contidos

A enfermidade pulmonar obstrutiva crónica afecta o 12 % da poboación adulta

A enfermidade pulmonar obstrutiva crónica afecta o 12 % da poboación adulta

Segundo os expertos, sete de cada dez enfermos están aínda sen dignosticar

G24.gal 20/11/2024 15:33 Última actualización 20/11/2024 17:27

A enfermidade pulmonar obstrutiva crónica,- EPOC-  afecta o 12 % da poboación adulta en España, un 16 % en Galicia, pero a incidencia real é moito maior. Segundo os expertos, sete de cada dez enfermos están aínda sen dignosticar.

Coller aire e soprar moi forte. Ese é o quid dunha proba fundamental esta enfermidade pulmonar crónica que afecta as vías respiratorias. Por iso no día internacional dedicado a esta doenza insisten na importancia do diagnóstico.

"Sabemos que sete de cada dez teñen EPOC e non o saben, co cal aqueles pacientes que presenten: tose, expectoración, fatiga, falta de aire e foran fumadores, tiveran algún contacto con tabaco durante anos, é bo facer unha espirometría, que é unha ferramenta clínica que temos os pneumólogos para o diagnostico", explica Hugo Gómez, pneumólogo do CHUO.

O tabaquismo é a principal causa deste enfermidade, pero tamén poden estar provocada pola exposición ao fume de cociñas ou chemineas. En España afecta case o 12 por cento da poboación maior de 40 anos; en Galicia, ao 16 por cento, pero o principal problema, insisten os expertos, é o infradiagnóstico, aínda maior no caso das mulleres.

"Porque é unha enfermidade que segue sendo moi descoñecida da poboación xeral a pesar de ser a terceira causa de mortaldade a nivel mundial", argumenta Carlota Rogríguez, pneumóloga do CHUS.

Loitar contra ese descoñecemento é o obxectivo de mesas informativas coma estas, onde os cidadáns poden realizar espirometrías. Porque aínda que a EPOC non ten cura, un diagnóstico a tempo axuda a mellorar a calidade de vida dos pacientes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade