Publicador de contidos
Publicador de contidos

Art for Dent inaugura en Bertamiráns o seu maior mural solidario

Art for Dent inaugura en Bertamiráns o seu maior mural solidario

G24.gal 26/10/2024 19:35

A imaxe icónica de Rosalía de Castro volve ser protagonista nun dos murais solidarios da asociación Art for Dent, nesta ocasión emprazado no número 49 da avenida da Maía de Bertamiráns, en Ames.

Trátase da obra de maiores dimensións das que ata o de agora realizou a entidade, e que se suma ás que se poden ver xa en Santiago, Padrón, Brión ou Lugo.

Fondos para investigación

O colectivo busca facer visible e conseguir fondos para a investigación da enfermidade de Dent, unha doenza minoritaria que afecta gravemente aos riles. En Galicia hai diagnosticadas hoxe en día unha decena de persoas con esta patoloxía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade