Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pablo Vázquez: "O 'playoff' non é o noso obxectivo; é a realidade"

Pablo Vázquez: "O 'playoff' non é o noso obxectivo; é a realidade"

O central é o único futbolista do Deportivo que disputou todos os partidos da liga 2024-25

Foto Deportivo
G24.gal 10/04/2025 12:58 Última actualización 10/04/2025 13:03

O defensa central do Deportivo Pablo Vázquez é o único futbolista do Deportivo que disputou todos os partidos da liga 2024-25. Ademais, todos como titular.

O defensor, que ademais de ser o líder da retagarda branco e azul marcou dous goles, cualifica esta tempada como a "mellor" da súa carreira profesional.

Os resultados das últimas xornadas e esa escalada do Dépor na táboa, ata posicionarse a seis puntos do playoff, desatou a euforia na contorna branquiazul.

"A ver se aproveitamos as dinámicas. Eles con dúbidas e nós de carreiriña".

Con todo, o de Gandía móstrase máis cauto, di que o playoff non é o seu obxectivo, "é a realidade" e apunta a conseguir primeiro a permanencia, segundo as súas palabras na rolda de prensa que ofreceu este xoves antes do adestramento en Abegondo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade