Publicador de contidos

Publicador de contidos

José Ángel: "Estabamos desexando atopar os tres puntos en Riazor"

José Ángel: "Estabamos desexando atopar os tres puntos en Riazor"

O mediocentro admitiu que “nos primeiros 15 ou 20 minutos” non estiveron cómodos

G24.gal 07/04/2025 14:01 Última actualización 07/04/2025 14:06

José Ángel Jurado, centrocampista do Deportivo, destacou a importancia de encadear a segunda vitoria consecutiva ante o Cádiz, nun partido no que non estiveron “moi cómodos” pero souberon sufrir para sumar tres puntos que lles permite soñar con alcanzar os postos de promoción de ascenso.

“Estou moi contento coa actuación do equipo. Estabamos desexando atopar os tres puntos en Riazor porque esta tempada é a nosa materia pendente. Foi un partido complicado, contra un rival de moita calidade. É verdade que non estivemos moi cómodos, pero ao final gañamos”, indicou.

O mediocentro, un dos fixos no once branco e azul, admitiu que “nos primeiros 15 ou 20 minutos” non estiveron cómodos porque estaban “moi longos” e iso impediulles axustar a presión.

“Despois do descanso falamos dun par de detalles e saímos mellor. O Cádiz é un grandísimo equipo e creounos problemas, co míster que teñen é moi complicado sentirse cómodo co balón”, apuntou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade