Publicador de contidos

Publicador de contidos

España, obrigada a repetir triunfo en Vigo ante Portugal

España, obrigada a repetir triunfo en Vigo ante Portugal

Montse Tomé: "É un pracer xogar en Vigo, esperamos que a afección se anime, necesitámola"

G24.gal 07/04/2025 15:31 Última actualización 07/04/2025 15:40

A selección española feminina de fútbol está obrigada a repetir triunfo este martes ante Portugal, no estadio Balaídos de Vigo, se quere acceder á fase final da liga das Nacións. O tropezo ante Inglaterra deixou ao equipo nacional sen marxe de erro.

Gañar en Balaídos permitiría practicamente descartar ao combinado luso da pelexa pola primeira praza, na que se mantén Inglaterra, coa que se verá as caras a principios de xuño.

Montse Tomé: "É un pracer xogar en Vigo, esperamos que a afección se anime, necesitámola".

O contundente triunfo do pasado venres no Estádio Capital do Móvel, no distrito do Porto, devolveu a confianza ás campioas do Mundo.

Atrás quedan as dúbidas que deixou o equipo español ante a modesta Bélxica, á que remontou con dous goles no tempo engadido, e Inglaterra en Wembley. Montse Tomé podería repetir o once que formou de inicio en Portugal.

"O rendemento foi alto, só lle marcaran un gol ata entón, hai que poñelo en valor".

O bo momento de forma de Claudia Pina convida a pensar que a azulgrana repetirá xunto a Mariona Caldentey e Salma Paralluelo, polo que Athenea del Castillo arrincaría novamente no banco. Alexia Putellas, Patri Seixo e Aitana Bonmatí parecen fixas no centro do campo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade