Publicador de contidos
Publicador de contidos

España mostra a súa peor cara e loitará polo bronce

España mostra a súa peor cara e loitará polo bronce

A selección feminina de fútbol veu como Brasil lle pasou por enriba (4-2) 

A fraxilidade defensiva foi clave para a derrota española, con erros claros

Athenea loita polo balón cunha rival. EFE Athenea loita polo balón cunha rival. EFE
G24.gal 07/08/2024 08:33

Non é ouro todo o que reloce. E esta vez vai tocar pensar en bronce. A selección española, unha das favoritas a subir ao máis alto do caixón olímpico, caeu estrepitosamente ante Brasil (4-2) nun partido para esquecer. Non lle saíu nada a España. Ou máis ben saíu todo mal.

España comezaba mal un partido marcado pola ausencia de Marta. A cinco veces mellor xogadora do mundo fora expulsada no anterior partido contra as españolas, en grupos. O primeiro gol foi unha acumulación de infortunios. A canarinha mete presión e o balón chega a Cata Coll. A porteira vese apertada e estoupa o esférico, que impacta na súa compañeira Irene Paredes e entra na súa propia meta.

A selección non reacciona e Brasil pon o segundo antes do descanso, obra de Gabi. Xa na segunda metade, Adriana marca o terceiro. Reaccionaría España cun gol de Salma no 85, pero as brasileiras volverían marcar, sendo esta vez Kerolin a protagonista. Outro gol de Salma a piques do final só serviría para maquillar unha actuación para o esquecemento.

No partido polo bronce, España enfrontarase con Alemaña, que perdeu por un a cero contra Estados Unidos. Unha oportunidade para sacar o mal sabor de boca que deixou o partido ante as brasileiras e para acadar unha medalla na primeira participación olímpica da selección feminina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade