Cargando resultados...
Patricia Suárez presenta o proxecto para estar nos Xogos de 2028
Patricia Suárez presenta o proxecto para estar nos Xogos de 2028
A carón de Melania Henke e dirixidas polo medallista Antón Paz, teñen como obxectivo meter o seu 49er FX na vindeira cita olímpica
G24.gal
29/11/2024 09:56
O Centro Galego de Vela de Vilagarcía acolleu a presentación do novo proxecto deportivo da viguesa Patricia Suárez. Xunto á balear Melania Henke, buscarán estar nos Ánxeles 2028 a bordo do 49er FX, a categoría en que competía Támara Echegoyen.
Un proxecto olímpico que está dirixido polo adestrador e medalla de ouro en Pequín 2008 Antón Paz. Patricia Suárez cumpre o seu terceiro ciclo olímpico consecutivo e é unha das mellores bazas da vela española de cara á cita de dentro de catro anos.