Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catorce deportistas galegos, á procura da gloria nos Xogos Paralímpicos

Catorce deportistas galegos, á procura da gloria nos Xogos Paralímpicos

Os medallistas Susana Rodríguez Gacio, Juan Antonio Saavedra ou Adi Iglesias encabezan a delegación da nosa terra

G24.gal 27/08/2024 23:07

Catorce deportistas galegos comezan a partir deste mércores o soño paralímpico. Serán quince días nos que buscarán os maiores éxitos. Algún deles, como a triatleta Susana Rodríguez Gacio, tentará repetir o ouro acadado hai tres anos en Toquio. 

Tamén levaron medalla nesa última cita o tirador pontevedrés Juan Saavedra, un mito do olimpismo, e a velocista Adi Iglesias, que gañou na última cita olímpica un ouro e unha prata. Son os tres estandartes do deporte galego, pero hai outros con moitas opcións. 

O tenista Martín de la Puente está no Top 4 mundial e afronta os seus terceiros Xogos con máis opcións ca nunca de lograr un metal. Galicia sempre achega bos padexeiros a aí estarán Araceli Menduíña e o rianxeiro Adrián Mosquera para deixar alto o pavillón. 

Jacobo Garrido e Juan Ferrón tentarán ofrecer o seu mellor nivel na natación. Judith Rodríguez en esgrima, Damián Ramos en ciclismo e os atletas Gustavo Nieves e Desirée Vila. No tocante a deporte de equipo temos dous representantes no baloncesto en cadeira de rodas: Vicky Alonso e Manu Lorenzo

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade