Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Noia pon ao vermello a zona de descenso coa súa vitoria sobre o Santa Coloma

O Noia pon ao vermello a zona de descenso coa súa vitoria sobre o Santa Coloma

Coa vitoria por 4-3 sae do descenso directo e coloca a cinco equipos metidos nun só punto de diferenza

G24.gal 01/04/2025 23:33

O Noia Portus Apostoli gañoulle ao Santa Coloma con remonta incluída no segundo tempo para poñer moi quente a zona de descenso da máxima categoría do fútbol sala. Co triunfo o equipo do Barbanza sae dos dous últimos postos nos que se mete o Ribera Navarra cos mesmos puntos que o Noia. E só un por riba quedan o Burela, o Valdepeñas e o Córdoba que hai unhas xornadas vían con tranquilidade a zona baixa. 

O Santa Coloma foi por diante case todo o primeiro tempo cos goles de Povill e Uri Santos. David Pazos marcou para o equipo galego (1-2 ao descanso). Na segunda metade apareceu o capitán Adrián Pirata para darlle a volta ao partido cun dobrete, ben acompañado por David Pazos que tamén conseguiu o seu segundo gol. O Santa Coloma só puido marcar o 4-3 no último minuto nunha acción de Puigvert. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade