O Noia saca un punto en Córdoba (2-2) pero mantense no descenso
Derrota do Burela que recibía en Vista Alegre o Movistar Inter (0-3)
O Noia Portus Apostoli sacou un bo punto da pista do Córdoba, pero a vitoria do Ribera Navarra manteno no posto de descenso. Adrián Pirata adiantou o equipo galego (minuto 5) pero os cordobeses, que tamén pelexan na zona baixa, remontaron cun dobrete de Juanan. O cadro do Noia quedou sen Power, expulsado, pero conseguiu igualar co tanto de Thierry a dez minutos do final.
O Burela Pescados Rubén perdeu en Vista Alegre diante do Movistar Inter (0-3), Chaguinha marcou nunha das primeiras xogadas do partido. O encontro foi moi parello e o cadro da Mariña estivo metido de cheo ata os últimos minutos. O tanto de Bebe (minuto 38) sentenciou unha vitoria visitante que redondeou Cecilio no último minuto.