Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Poio Pescamar non pode co Futsi (1-2) e queda fóra da final da Supercopa

O Poio Pescamar non pode co Futsi (1-2) e queda fóra da final da Supercopa

Laura Uña igualou o tanto de María Sanz, pero Laura Cördoba resolveu no treito final

A outra finalista sairá do enforntamento entre o Burela e o Melilla

Foto: @futsi_atletico
G24.gal 01/02/2025 18:39

Comezou a disputa da Supercopa de España de fútbol sala feminino en Móstoles. Unha competición á que acudían dous equipos galegos. Pero o primeiro deles, o Poio Pescamar, quedou apeado na primeira semifinal. Foi nun disputado partido diante do Futsi Navalcarnero.

As madrileñas adiantáronse na primeira metade. Era o minuto 13 cando María Sanz aproveitaba unha gran acción de Anita Luján pegada á liña de fondo para marcar o primeiro tanto do partido. 

Tardou en reaccionar o conxunto galego, pero púxose mans á obra e acadou o empate no minuto oito da segunda metade. Laura Uña colleu o balón na frontal e, despois de dar a volta, marcou de disparo cruzado. Unha gran acción persoal para deixar a eliminatoria igualada.

Pero as galegas ían recibir outro mazazo do que xa non foron quen de repoñerse. Asestoullo Laura Córdoba. Outra vez asistía Anita Luján, nun saque dende o curruncho, e a xemelga voleou desde a frontal para anotar o 2 a 1 que xa foi definitivo. Buscou aínda o empate o Poio con porteira xogadora, pero o Futsi meteuse na final con esa vitoria mínima. O Poio, eliminado da Supercopa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade