O Noia non pode co Inter (3-7) e segue sen gañar na Liga
O Noia non pode co Inter (3-7) e segue sen gañar na Liga
Os de David Palmas foron gañando durante a primeira metade, pero non aguantaron na continuación
O equipo galego ten so 2 puntos despois de 12 partidos
A diferenza clasificatoria quedou reflectida no resultado final entre o Noia, pechacancelas, e o Inter, líder da primeira división. Un contundente tres a sete que os visitantes lograron durante o segundo tempo. Porque os galegos lograron chegar ao tempo de lecer con vantaxe no marcador logo de que Peixe e Pirata remontaran o gol incial de Raúl Gómez.
Pero tralo paso polos vestiarios o líder foi un vendaval, e non deu opcións. Os goles, seis en total, foron caendo na portería local. Repetiu Raúl Gómez, e tamén anotaron Cecilio, Drahovsky, Bebe, Pablo e Javi Mïnguez. Non houbo posibilidade de reacción para o Noia, que so puido maquear o resultado por medio de Altamirano, segue sen gañar nesta liga e vai seguir de último con só dous puntos en doce partidos.