Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pontevedra-Xetafe, Ourense C.F.-Valencia e Real Madrid-Celta en oitavos da Copa do Rei

Pontevedra-Xetafe, Ourense C.F.-Valencia e Real Madrid-Celta en oitavos da Copa do Rei

As eliminatorias serán o 14, 15 e 16 deste mes de xaneiro a partido único

A novidade será a entrada do VAR, ausente nas tres primeiras eliminatorias

G24.gal 07/01/2025 22:05 Última actualización 08/01/2025 13:45

Real Madrid-Celta de VigoPontevedra-Xetafe, Ourense C.F.-Valencia son os emparellamentos dos equipos galegos oitavos de final da Copa do Rei. 

O Barcelona-Betis e o Elxe (2ª)- Atlético de Madrid son algúns dos enfrontamentos destacados que deparou o sorteo celebrado este mércores na Cidade de Fútbol das Rozas (Madrid).

Os encontros disputaranse entre os días 14, 15 e 16 de xaneiro de 2025 e as eliminatorias serán a partido único, co equipo de inferior categoría novamente como local.

A novidade será a entrada do VAR, ausente nas tres primeiras eliminatorias.

Emparellamentos oitavos de final:

Pontevedra (2ª RFEF) – Xetafe (1ª)

Ourense (1ª RFEF) - Valencia (1ª)

Elxe (2ª) - Atlético de Madrid (1ª)

Almería (2ª) - Leganés (1ª)

Real Madrid (1ª) - Celta de Vigo (1ª)

Barcelona (1ª) - Betis (1ª)

Real Sociedade (1ª) - Raio Vallecano (1ª)

Athletic Club de Bilbao (1ª) - Osasuna (1ª)

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos