Trámite con goleada para o Real Madrid diante do Minera (0-5)
Trámite con goleada para o Real Madrid diante do Minera (0-5)
Só falta un equipo para completar o bombo do mércores no que estarán tres equipos galegos
Seguen completándose os oitavos de final da Copa do Rei. Sen atranco ningún, o Real Madrid estará no bombo do mércores. Impúxose por 0-5 no campo do Deportivo Minera, equipo de Segunda Federación.
Os cinco minutos marcaba Valverde. O uruguaio golpeaba o balón na área pequena e deixaba claro que o Minera non ía ter moita opción. Pouco tardou o Real Madrid en ampliar vantaxe. No minuto trece Camavinga, de cabeza, facía o segundo para o Real Madrid tras un centro de Fran García. E antes da media hora, chegou o terceiro. Arda Güler que recibe de Valverde. O Real Madrid marchaba ó descanso coa eliminatoria sentenciada.
Aos dez minutos do reinicio, máis goles brancos. Marcou Modric. O cuarto do Madrid que aínda conseguiría o 0-5 no 88. De novo, Arda Güler, tras unha xogada de Mbappé. O Real Madrid meteuse en oitavos con goleada.